Unha receita que imos propoñer ao alumnado
Facer pan.
Unha receita que temos pensado desenvolver durante o taller é a de facer pan. A parte de ser o alimento básico das nosas dietas, ten un importante grao de implicación do alumnado, sobre todo cando teñen que manipular os ingredientes, e máis durante a amasadura.
Ingredientes:
- 2 kg de fariña
-200g de levadura fresca
- Sal (dúas culleres de café por cada 2 kg de fariña
- 2 litros de auga tibia
Precisamos:
- Vaso medidores
- Bandexas para o forno
- Forno
Elaboración:
- O docente pídelle ao alumnado que antes de nada limpen as mans, antes de manipular os alimentos.
- Separar ao alumnado en grupos de traballo, e colocalos en diferentes mesas.
- En cada mesa, o docente deixará 500 g de fariña, 40 g de levadura, un prato con sal e medio litro de auga tibia.
- Con un vaso medidor, cada alumno collerá unha medida de fariña e a colocara diante súa. Coa fariña farán a forma dun volcan, dentro do cal introduciran un pouco de levadura fresca. Tamén botarán un pouco de auga e sal.
- Comenzarán a amasar. Se a masa queda moi seca engadímoslle auga. Se queda excesivamente pegadiza engadiremos fariña.
- Debe quedar unha masa elástica e fácil de traballar.
- Cando a masa deixe de pegarse as mans, cada alumno/a dará forma a súa masa (como queira), e a deposita na bandexa previamente untada con aceite, para seguidamente metela ao forno.
- Agardar unha hora como minimo, ate que a masa levede (dobre o seu volume)
- Cando o forno este a temperatura de 200 ºC, poñemos a masa no forno durante media hora, cun vaso de auga para que provoque vapor.
fariña + levadura + auga + sal + amasar + reposo + cocion = PAN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario