lunes, 29 de abril de 2013

De onde nos veu a inspiración

O vídeo realizado na escola Pelouro de Tui que vimos recentemente nunha clase de psicoloxía inspirounos cando nos proxectamos na actividade. 
Vemos como un obradoiro de cociña fomenta unha aprendizaxe constructivista pola multitude de áreas que abarca, como poden ser as matemáticas ou coñecemento do medio, e tamén grazas ao traballo en grupo e á manipulación de alimentos e instrumentos. 


http://vimeo.com/opelouro/entrecapas 

jueves, 25 de abril de 2013

Abrimos o noso blog! 

Aquí poderás atopar as mellores e mais saudabeis recetas de cociña.
O noso blog, será un punto de encontro entre a Educación e a cociña.
As nosas actividades estarán compostas de contidos teóricos, datos de interés e posta en practica en grupos. Tamen se poderan traballar na casa.

Saudos, e a aprender a cociñar!