lunes, 6 de mayo de 2013

TORTA DE QUEIXO



1. Torta de queixo:
Ingredientes:
- Unha tarriña de queixo de untar,
- 3 ovos
- 3 iogures naturais
- 3 culleradas sopeiras de fariña
- 10-12 culleradas de azucre, segundo o punto de dulzor que lle queiras dar.



A preparación da torta de queixo
Acende o forno a 200º para que se quente rápido, xa que a preparación é moi rápida e sinxela.
Nunha cunca mestura todos os ingredientes e báteos ata que quede ben disolto e sen ningún grumo.
Unta o molde con manteiga e verte a mest

jueves, 2 de mayo de 2013

Unha receita que imos propoñer ao alumnado

Facer pan.

Unha receita que temos pensado desenvolver durante o taller é a de facer pan. A parte de ser o alimento básico das nosas dietas, ten un importante grao de implicación do alumnado, sobre todo cando teñen que  manipular os ingredientes, e máis durante a amasadura. 

Ingredientes:

- 2 kg de fariña

-200g de levadura fresca

- Sal (dúas culleres de café por cada 2 kg de fariña

- 2 litros de auga tibia

Precisamos:

- Vaso medidores

- Bandexas para o forno

- Forno

Elaboración:

  1. O docente pídelle ao alumnado que antes de nada limpen as mans, antes de manipular os alimentos.
  2.  Separar ao alumnado en grupos de traballo, e colocalos en diferentes mesas.
  3. En cada mesa, o docente deixará 500 g de fariña, 40 g de levadura, un prato con sal e medio litro de auga tibia.
  4. Con un vaso medidor, cada alumno collerá unha medida de fariña e a colocara diante súa. Coa fariña farán a forma dun volcan, dentro do cal introduciran un pouco de levadura fresca. Tamén botarán un pouco de auga e sal. 
  5. Comenzarán a amasar. Se a masa queda moi seca engadímoslle auga. Se queda excesivamente pegadiza engadiremos fariña.
  6. Debe quedar unha masa elástica e fácil de traballar.
  7. Cando a masa deixe de pegarse as mans, cada alumno/a dará forma a súa masa (como queira), e a deposita na bandexa previamente untada con aceite, para seguidamente metela ao forno.
  8. Agardar unha hora como minimo, ate que a masa levede (dobre o seu volume)
  9. Cando o forno este a temperatura de 200 ºC, poñemos a masa no forno durante media hora, cun vaso de auga para que provoque vapor.
 fariña + levadura + auga + sal + amasar + reposo + cocion = PAN!





miércoles, 1 de mayo de 2013

Descubrimento na biblioteca

O outro día, atopamos na biblioteca da facultade de ciencias da educación do campus norte de Santiago de Compostela, un libro que nos vai axudar a realizar a nosa actividade, e queríamos compartilo con vós. 
Trátase dun libro de obradoiros de cociña para escola primaria. Nin máis,nin menos o que necesitabamos. Chámase: Cuinem, tallers de cuina a l' escola (6-12) [cociñamos, talleres de cociña na escola], e o realizaron M. Assumpció Roset, Isabel Puigdueta, Ada Parellada e Blanca Gonzalvo. Foi editado por Graó no 2008 en Barcelona. Como vedes está escrito en catalán pero temos a sorte de ter unha compañeira de Barcelona no noso grupo para calquera dúbida.
A continuación deixamos un par de ligazóns por se queredes mercalo.

En catalán:

En castelán: