Descubrimento na biblioteca
O outro día, atopamos na biblioteca da facultade de ciencias da educación do campus norte de Santiago de Compostela, un libro que nos vai axudar a realizar a nosa actividade, e queríamos compartilo con vós.
Trátase dun libro de obradoiros de cociña para escola primaria. Nin máis,nin menos o que necesitabamos. Chámase: Cuinem, tallers de cuina a l' escola (6-12) [cociñamos, talleres de cociña na escola], e o realizaron M. Assumpció Roset, Isabel Puigdueta, Ada Parellada e Blanca Gonzalvo. Foi editado por Graó no 2008 en Barcelona. Como vedes está escrito en catalán pero temos a sorte de ter unha compañeira de Barcelona no noso grupo para calquera dúbida.
A continuación deixamos un par de ligazóns por se queredes mercalo.
En catalán:
En castelán:
No hay comentarios:
Publicar un comentario